lunes, 21 de febrero de 2011

Um Sistema inxusto, inviavel, insostibel e asasino

Neste 2010 os prezos mundiais do trigo, e o milho e a cebada subiron un  50 %, e din que esta crise parecese a outra alimentaria de 2008, que trouxo fames e motins dende Bangladesh ata Haití pasando por África. Mirando o panorama das revolucións en exipto ou Tunez nom e moi dificil ver que nom se fixo moito por prever as novas crises alimentarias.

Decía o pasado mes o director do Centro da Universidade de Berlín para a Investigación do Desenrolo, Joaquín Von Braun (Ft, 9/8/2010), Precisaba, entre outros aspectos, que entre as forzas que concurren na fixación dos prezos dos alimentos, sobresae o papel dos especuladores.
Según datos publicados, os contratos do trigo para setembro 2010 mostraban o maior e máis rápido incremento nos prezos dende 2008. Nesta como en outras materias primas alimenticias, a explicación atopabana, nos comportamentos das grandes corporacions da alimentación que procuran asegurarse prezos futuros ante a incertidumbre destes mercados agrícolas mundiais
Por un lado, o detonante dese alza actual dos prezos de materias primas alimenticias foron as reducidas expectativas das colheitas en Rusia, Ucrania e algunhas zonas de Europa occidental; e particularmente, a prohibición rusa de exportación de trigo, que afirman que acelerou o risgo dun pico nos prezos, socavando a confianza mundial na estabilidade de prezos e suministros o comercio de alimentos.
Asi, as multinacionais da alimentación correron a incrementa-los contratos que garanticen os seus suministros ante o medo de ver desabastecidos os escaparates dos supermercados..
Pero os que se lanzaron a mercar terras por todo o mundo, son principalmente os Estados con petrodólares e divisas. Total: cerca de 8 millons de hectáreas de terras fértiles compradas ou alquiladas no exterior. Rexions enteiras pasaron a estar baixo control extranxeiro en países con escasa densidade demográfica e cuxos gobernantes están dispostos a ceder partes da soberanía nacional. Un fenómeno que preocupa. Nun informe alarmante, a ONG Grain denuncia "un acaparamento de terras a nivel mundial" .

China detenta terras en Australia, Kazajistán, Laos, México, Brasil, Surinam, e sobre todo en África. Pekín  firmou uns trinta acordos de cooperación con Gobiernos que lhe dan aceso a terras. As veces, as autoridades de Pekín envían dende China a mao de obra; pagada a menos de corenta euros ao mes, sen contrato de trabalho e sen cobertura social.
E un retorno as odiosas prácticas coloniais, e umha bomba com efecto retardado. Porque a tentación dos Estados extranxeiros e a de saquea-los recursos, como o fae China, com mao de obra importada e pouco beneficio local..
A extensión do que foi cualificado polo director da FAO, Jacques Diouf, como un sistema neocolonial, constitue o avance dun libre mercado que prevaleceu nas últimas décadas na política alimentaria mundial, a cal converte as necesidades alimentarias da poboación numha inmensa oportunidade de negocios privados. Xa nom e suficiente con acapara-la producción de alimentos –como ocurria recentemente–, agora faese o propio coas terras que os producen, sobre todo nos paises pobres.
Asi, deste xeitos os paises ricos apoderanse dos recursos dos paises pobres, condeandoos a pobreza. Algunhas veces para o seu propio beneficio dessas materias primas, outras quitanlhe esa comida para transforma-las em carburantes. Um exemplo claro son os EEUU, os cales so posuen o 6% dos recursos pero consomen mais do 200%.  Asi, deste xeito aproveitandose da deuda que tenhen alguns destes paises, para conseguir todo tipo de tratos rastreiros como que vendan as suas materias primas a prezos ridiculos, abren as aduanas, deixen que exploten os recursos empresas extranxeiras....
As veces..incluso utilizan, provocan umha guerra no pais que lhes interese para poder asi extraer os productos deste (congo).Cabe destacar tamen que esta crise, nom so afecta aos paises que son estorsioandos, senom que o opulento norte tamen sufre as suas consecuencias, e isso vemo-lo na nossa alimentación, cada vez máis insana
A crise alimentaria mostra umha das caras máis dramáticas do sistema capitalista actual con máis de mil millons de persoas no mundo, umha de cada seis, que pasan fame, especialmente nos países do Sur. Paradóxicamente, nos últimos vinte anos mentres a poboación crecía a un ritmo do 1.14% anual, a producción de alimentos aumentaba en máis dun 2%. Con estas cifras podemos concluir que na actualidade producese suficiente comida para alimenta-la población mundial. Cada minuto morren de inanicion ou de emfermidades curabeis 4 persoas no3º mundo, de verdade funciona um sistema que prima os beneficios as vidas humanas? de verdade funciona um sistema que cada vez amplia a diferenza entre pobres e ricos? Tildan calqueres outros proxectos de inviabeis, de utopicos,  ou simplemente de fracaso..Acaso nom e um fracaso a morte e asasinato continuado de persoas? o xogo coa nossa alimentación tampouco o debe ser...
Frente a esta situación, cumbre tras cumbre a Organización das Nacions Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), o Banco Mundial, e o  Fondo Monetario Internacional, o G20, xunto coas principais empresas do sector, nos din que para sair de la crise e necesario umha nova revolución verde, máis transxénicos e libre comercio. Nos queren fazer crer que as políticas que nos  conduciron a  presente situación, nos sacarán da mesma.
REACCIÓN:
Como nom pode ser doutra forma, a propogando ao servizo do sistema capitalista critica, utilizando os medios de comunicación a os servizo destas "democracias" liberais, todo tipo de reacción lexitima contra este sistema inxusto e asasino.
Ahi deixo um video que pretende dar outra visión de quem é o pirata no expolio de recursos. Nom e sobre o sector agrario, mais reflexa do mesmo xeito o expolio de recursos polo norte. A demagoxia hacia estes "piratas" xa a veriades todos na tv.
Como este hai miles de exemplos, un dos máis claros e a campanha de difamación exercida entre outros polos goberno espanhol e americano sobre venezuela, e máis concretamente sobre chavez.
http://www.kaosenlared.net/noticia/fao-reconoce-exito-venezuela-politicas-contra-crisis-alimentaria

Fontes:
http://www.attac.es/alimentacion-hacia-un-nuevo-colonialismo/
http://www.attac.es/neocolonialismo-agrario/
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=80281
Libro de esther vivas "supermercados, no gracias"

2 comentarios:

  1. no ultimo parágrafo puxeches un ai con h intercalada, non pensaba que puideras ser así de cruel...

    ResponderEliminar
  2. Perdom! nom volvera a ocurrir! E o que ten que case toda-las fontes estean em espanhol

    ResponderEliminar