lunes, 14 de febrero de 2011

Neocolonialismo Agrario





Umha das grandes batalhas do seculo XXI será a da alimentación. Moitos países, importadores de comida, vense afectados polo aumento dos prezos. Os Estados ricos o vinhan soportando; ata que, no 2008,  asustaronse pola actitude proteccionista de naçoms prouctoras que limitaron as suas exportacions. A partir de ahí, varios Estados com crecemento económico e demográfico, pero desprovistos de grandes recursos agrícolas e de auga, decidiron asegurarse reservas de comestibels mercando terras no extranxeiro.

Ao mesmo tempo, moitos especuladores  puxeronse igoalmente a comprar terreos para fazer negocios. Convencidos de que a alimentación será o ouro do  futuro. Xogando asim ca nossa alimentación e, sobretodo ca dos paises pobres.
Dende xunho, polo menos 44 millons máis de persoas pasaron a pobreza debido ao encarecemento do prezo dos alimentos, e varias deceas de millons máis corren riscoo de engrosa-la  cifra.
O trigo foi un dos alimentos básicos que máis subiu, dobrando o seu prezo entre xunho de 2010 e xaneiro de 2011. Tamén o milho experimentou un grande ascenso, counha subida do 73%, según a institución con sede en Washington.
Asi ultimamente estamos vendo com en paises como Tunez, ou exipto danse verdadeires revoltas, revoltas polo pan. Estes povos pobres, moitos condeados a morrer de fame a lanzarse a rua e a  violencia para conseguir os alimentos que lhe som arrebatados.
Según o Departamento de Estado, durante os dous últimos anos tiveron lugar no mundo máis de 60 revoltas a causa dos alimentos. Os medios de comunicación atribuen o problema a varias razóns, que van dende unha demanda crecente, a cortes nos subsidios alimenticios, sequías... Pero ha outro factor significativo: a especulación sem freos dos bancos de inversión. Debido a isto, permite-se a entidades a quenes nom lhes importa se a xente común ten ou nom ten cantidades suficientes de alimentos e combustible, así como a negocios dependentes de materias primas, ganhar grandes cantidades de dinheiro apostando cos cartos dos demáis.
"os Estados Unidos, co  6% da poboación mundial consume polo menos um terzo dos recursos mundiais "
Podemos afirmar que a fame e a consecuencia da especulación cos prezos dos alimentos, da propiedad privada das semilhas, do control das terras fértiles e do auga.
Pero nom e so que este sistema, provoque a fame de miles de persoas, e emfermidades, e a morte por inanición ou por emfermidades curabeis (que so 1 persoas morrera por mor do sistema económico seria o suficiente pra derribalo), e que ademais provoco a nossa mala alimentación, e a desaparición duns modos de vida tipicos de determinadas rexións
O hábito consumista invadiu tamén o ámbito da comida, identificando a través da publicidade, ocio e consumo e propagando un patrón de conducta alimentario insano.
Asi, na  dieta do primeiro mundo, abusase da inxesta de graxas e carne. Todo elo ten consecuencias aquí, pero tamen alá, como xa dixemos. Fame e comida basura son caras da mesma moeda. A carne que comemos procede de animais  xuntados e alimentados com pensos. Para o seu engorde rápido e palia-las consecuencias dunha “vida” enferma son atiborrados de antibióticos e anabolizantes. A industria alimentaria obtien máis rápido, máis kilos de carne e máis barata, que o fin e o cabo e a norma básica deste sistema asasino, Producir máis.

Fontes:
http://www.attac.es/neocolonialismo-agrario/
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=80281

3 comentarios:

  1. Sí, sí...a sociedade é horrible. Pero olvídaste de que si non fose por este sistema, imperfecto dende logo, nós probablmenete non teríamos os privilexios culturais, sanitarios e alimenticios dos que gozamos. ¿Qué pides? ¿O comunismo utópico?
    Sí é patético que os animais vivan nesas condicións, pero é o pobo, e non o sistema, quenes buscan uns gastos menores nas súas compras familiares. Nós somos libres, nadie nos obriga ao consumismo extremo, si nos decantamos por él é cuestión de libre albedrío.

    ResponderEliminar
  2. e que máis dá se non tiveramolos priviléxios que temos? non é preferíbel iso a que ainda haxa xente morrendo de fame habendo obesos por ai en diante?
    o comunismo non é umha utopia, simplemente precisa dun pobo activo e non robotizado coma o actual

    ResponderEliminar
  3. Primeiro dizer que ala cada quem ca súa concienza. E máis sinxelo, e comodo, pensar que as mortes por fame e emfermidades de persoas son inevitabeis. A pesar de que (datos da FAO)o planeta actualmente puidera alimenta-lo dobre da poboación do planeta.
    En canto o de que somos livres... discrepo.. As actuales "democracias" liberais que dominan o mundo nom som tal. As decisións no actual mundo globalizado nom se toman na esfera politica, tomanse na esfera económica por uma serie de organismos nom democráticos (FMI, BM), e se as organizacións que dirixen nom som democráticas, a democracia nom existe.
    Actualmente, so temos a posibilidade nesta "democracia" de tirar um goberno liberal que nom nos gosta, e ponher outro que nos poida gostar. Ambos ao servizo das grandes institucións económicas. Todo isto axudado polos grandes medios de comunicación ao servizo destes gobernos, que pretenden que nom conhezamos a outros partidos que defiran desta linha neoliberal.
    Por outro lado, SI que nos obligan ao consumismo, com productos que perecen ao pouco tempo, com campanhas promovidas por empresas privadas,axudas estatais para a merca de productos (vexase a dos automoviles ca actual crise), publicidade...Todo con tal de consumir máis, para asi Producir máis.. E uma maxima do sistema, o capitalismo necesita crecer senom destroise. Agora ben, podes esta máis imfluida ou menos, mais a manipulación e a trampa está ahi.

    ResponderEliminar