domingo, 13 de marzo de 2011

A hipocresia das axudas, a hipocresia do sistema

¿por qué, se existe umha comprometida e solidaria actitude de moitos cooperantes, a situación de pobreza de quenes receben ese fluxo de axuda nom cambia?

A cooperación nom ten como obxetivo final cambiar nada estructuralmente. E umha axuda para apagar fogos, para evitar revoltas sociais que podrían ser inmanexabels.
Asi estas axudas serven, em parte, para paliar posibles criticas da situación deses paises, das cales os paises ricos som resposabeis, pero dando estas "axudas" "fan todo o que esta nas súas mans por cambia-la súa situación" ainda que nom logre estimula-los paises pobres.
Din estos delincuentes do FMI e o BM que "debe buscarse a autosostenibilidadd máis alo da cooperación», «nom dar o peixe na mao senom ensinar a pescar» etc. Sem embargo vemos que isso incumplese.Cómo pretende-la autosostenibilidade de calquera tipo de proxecto se condenan a dependencia dos máis débiles (afogandoos coa deuda externa) e favorecen o saqueo dos paises ricos? Enton, sinom se termina de ponher en marcha o deserolo dos paises que a receben, ¿por qué se manten a axuda? ¿Quén se beneficia?
O que está claro e que esta trampa busca, despois de instalarse, a sua perpetuación,a sua durabilidade. Así, dase um circulo vicioso, no que o propio inimigo e o que presta a axuda, ten que haber pobres para que haxa axuda aos pobres; ten que haber violacions dos dereitos humans pra que haxa umha axuda aos dereitos humans.
Asi, e obvio que se podría fazer moito máis do que se fae se houbera verdadeiramente umha vontade de axudar de forma solidaria aos máis necesitados, lastima que os que falan de paz som os que dirixen o negocio da guerra, e os que condean a morte e a pobreza a miles de persoas sexan os que falan de solidaridade.


DEUDA 
O Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial recurren ao poder da deuda contraída por moitos países africanos, umha deuda inxusta que os condea, para obliga-los a adoptar políticas económicas neoliberales no marco dos Programas de Axuste Estructural.
Gobernos africanos vironse obrigados a vender os seus productos a compañías multinacionais, permitir que empresas extranxeras ingresaran e sacaran dinheiro, ponher fin aos subsidios aos alimentos, crear zonas francas de procesamiento de exportacions, aplastar os dereitos laborais, liquidar leis ambientais e conxelar salarios.
Tamén deberon reduci-los aranceis a importación de productos agrícolas, o que abriu mercados as multinacionais. Además deberon disminui-los subsidios aos pequenos agricultores.
Asi, EE.UU e a U.E seguiron subsidiando aos seus propios agricultores, na sua maioría corporacions agroindustriais. Tamén mantivieron aranceis altos para os productos agrícolas.
O resultado desa política foi que, agora os pequenos agricultores de África tenhen que mercalos productos a Estados Unidos e Europa, cos que nom poden competir
Deste xeito, ¿como podemos sequera pensar que estes paises empobrecidos podem sequer levantar cabeza despois de todo-lo que lhes fixemos e lhes seguimos a fazer?
Lhe damos 6 de axuda ( e xa vimos como som as axudas), e logo lhe quitamos 20 (deuda externa); lhes roubamos as súas materias primas; provocamos guerras para obter beneficios (congo), etc....



Fontes:
-"En pie contra la deuda externa" Esther Vivas
-Conferencias de Arcadi oliveres